Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 27 Mai 2019 07:26

CONVOCATORIA DE CINCO PRAZAS DE LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

Consellería de Cultura e Turismo
ORDE do 8 de maio de 2019 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (código de procedemento PL500F).

A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nestaorde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190527/AnuncioG0535-140519-0003_gl.pdf