Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 22 Mai 2019 07:25

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL POR REDUCCIÓN DE XORNADA DE TRABALLO

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2019 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento SI440A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só si son familias monoparentais) que no período comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019 , ambos incluídos, se acollan á medida de redución
da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.

No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, en todo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.

Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) Estar empadroado en Galicia, como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2018 e manter esa situación durante todo o período subvencionado; b) Convivir coa filla ou fillo; c) Se for o caso, a persoa cónxuxe ou parella debe estar traballando; d) Ter uns ingresos non superiores a 7 veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2017).

Importe
A contía das axudas establécese en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de 12 anos, nun abano que vai desde 1.700 € e ata 3.700 €.

Cando a xornada se realice a tempo parcial, ou cando o período subvencionable sexa inferior ao máximo (8 meses), as contías das axudas reduciranse proporcionalmente.

Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de setecentos corenta e un mil trinta e seis euros con cincuenta e catro céntimos (741.036,54 €), o 80 % con cargo ao FSE e o 20 % con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190522/AnuncioG0244-080519-0001_gl.pdf