Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Mai 2019 11:11

MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO CONVOCA O PROGRAMA DE BOLSAS DO INSTITUTO DE TURISMO DE ESPAÑA 2019

Abu  Dhabi, Berlín, Bombai, Bruxelas, ou Buenos Aires son só algúns dos 33 destinos aos que poderán viaxar as persoas bolseiras que resulten seleccionadas.

O prazo de envío de candidaturas finaliza o próximo 6 de xuño.

Co obxectivo de contribuír á formación e capacitación de novos/as profesionais especializados/as no sector turístico, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo deu luz verde á convocatoria das bolsas Turismo de España 2019 (Turespaña).

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, estas bolsas fomentan a realización de prácticas profesionais dun ano de duración na rede de Consellerías de Turismo no exterior dependentes do Instituto de Turismo de España, ou nos servizos centrais deste organismo.

As novas bases reguladoras das Bolsas Turismo de España (Turespaña) inclúen un período de prácticas profesionais durante 12 meses en 33 destinos a elixir.

En total convocáronse 36 prazas, das cales:

  • 33 para as Consellerías de Turismo no estranxeiro, ás que acudirá un beneficiario por Consellería,
  • 3 prazas para os servizos centrais do Instituto de Turismo de España ou na Secretaria de Estado de Turismo.

Segundo recollen as bases desta convocatoria, aínda que as bolsas comprenden unha duración de 12 meses, estas poderán prorrogarse por un período máximo de 12 meses máis sempre que as dispoñibilidades orzamentarias permítano.

EXTRACTO CONVOCATORIA

CONVOCATORIA

PRESENTACIÓN SOLICITUDES

INFORMACIÓN COMPLETA