Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Mai 2019 11:04

BANCO SANTANDER CONVOCA A III EDICIÓN DAS BOLSAS TALENTO MULLER

Queres unirche á revolución dixital do Banco Santander? Atópasche estudando ou vas estudar algún máster / posgrao nas áreas STEM? En Banco Santander estan a buscar mulleres como ti, cheas de ideas, ilusión e ganas por aprender.


En 2018 foron bolseiras 40 mulleres e máis da metade delas xa están incorporadas en persoal. Comeza desde hoxe a III edición das Bolsas Santander Talento Muller.


Banco Santander ofrece 30 bolsas destinadas a cubrir ata o 75% do importe da matrícula cun límite máximo de 5.000 euros. A bolsa está dirixida á realización de másteres e posgraos de materias no ámbito STEM e prácticas formativas en Banco Santander.


O obxectivo principal do Programa é promover e fomentar de maneira activa o desenvolvemento do talento feminino nas devanditas áreas STEM e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Se estás a cursar ou vas cursar algún máster/posgrao nalgunha das seguintes materias non dubides en presentar a túa candidatura:

  • Matemáticas Cuantitativas
  • Estatística
  • Informática
  • Telecomunicacións
  • Físicas
  • Tecnoloxía Dixital
  • Finanzas
  • Enxeñería

O Programa diríxese a mulleres que estean matriculadas nun máster ou curso de posgrao entre xaneiro e outubro de 2019 e cumpran os seguintes requisitos :

  • Obter un título universitario de Grao despois de xuño de 2013.
  • Ter un expediente académico cunha nota media de polo menos 5,5 sobre 10.
  • Ter un nivel B1 de inglés ou superior para o que se necesitará achegar certificado acreditativo. En caso de non achegar certificado validarase o nivel de inglés ao longo do proceso de concesión da bolsa.
  • No caso de que a solicitante non estea matriculada nun máster ou curso de posgrao no momento de presentación da súa candidatura e resulte elixida como beneficiaria dunha Bolsa Santander Talento Muller, será necesario acreditar a matriculación no programa indicado na candidatura para poder percibir a axuda económica e ter a posibilidade de realizar posteriormente prácticas profesionais no Banco Santander.
  • A Universidade ou Centro de Estudos onde se realice o máster ou curso de posgrao debe permitir a realización de prácticas profesionais en Banco Santander durante polo menos 6 meses.

Para solicitar unha bolsa,  revisa as BASES do Programa e envíanos os teus datos completando o proceso de inscrición dentro da nosa plataforma do Banco Santander.

Prazo: entre as 00:00 horas do 26 de maio de 2019 e as 23:59 horas do 16 de xuño de 2019.

A solicitude enviarase completando o formulario da seguinte dirección web:
http://bsan.es/becastalentomujer