Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Mai 2019 10:53

MINISTERIO DE EDUCACIÓN CONVOCA 72 BOLSAS PARA ESPECIALIZARSE EN DESEÑO, XORNALISMO E INVESTIGACIÓN EDUCATIVA

O Ministerio de Educación convocou bolsas para formación especializada, dirixidas a titulados/as en diferentes disciplinas. Entre as 72 bolsas, que se desenvolverán en varias sedes do Ministerio de Educación e FP na Comunidad de Madrid, atópanse 23 de investigación educativa, 9 de biblioteconomía, documentación e arquivística, 7 de tecnoloxías da información e a comunicación, 7 de observación de  cualificaciones profesionais, 7 de xestión administrativa, 6 de estatística e avaliación educativa, 5 de xornalismo e comunicación, 4 de deseño gráfico, 3 de réxime xurídico e unha de tradución e interpretación.

As persoas candidatas ás que se lles adxudique unha bolsa colaborarán naquelas tarefas formativas que lles sexan encomendadas nas unidades administrativas responsables dos seus respectivos plans de formación. As bolsas teñen unha duración máxima de doce meses, cunha dotación de 1.027 euros mensuais, e comezarán en setembro ou meses posteriores.

Os e as candidatas e candidatos deben ostentar a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE con residencia en España e bo dominio do idioma. Ademais, deben estar en posesión da titulación requirida para cada bolsa e obtelo antes do 1 de xaneiro de 2015. Non poderán ser candidatos/as quen obtivese bolsas para a formación especializada en convocatorias anteriores.

Entre a documentación que se debe achegar está o título requirido, o certificado académico que indique as cualificacións, documentación que acredite méritos, currículo e carta de motivación naqueles perfís de bolsas cunha soa fase de selección onde non se realice entrevista.

Cada aspirante poderá optar por tres perfiles de bolsa na mesma solicitude, indicando a orde de preferencia. Unha vez valoradas as solicitudes, os/as candidatos/as preseleccionados/as serán convocados/as a unha entrevista e unha proba de idiomas se fose preciso.

Prazo de solicitude: do 17 de maio ao 7 de xuño de 2019

CONVOCATORIA