Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Mai 2019 06:09

CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALICE FORMACIÓN PRÁCTICA EN CENTROS DE TRABALLO

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.

Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de Artes Plásticas e deseño, Ensinanzas Deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019.
Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2019. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2019 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo no cal estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual. Toda esta documentación se xerará a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.

BASES