Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 20 Mai 2019 06:13

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O APOIO AO INVESTIMENTO NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AGRICULTORES MOZOS E CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUNAS EXPLOTACIÓNS

Consellería do Medio Rural
ORDE do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).


Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2019 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (incorporación de persoas mozas á actividade agraria, procedemento MR404A).
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

En función do tipo de axuda solicitada, poderán ser beneficiarias as seguintes persoas:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (procedemento MR404A).
a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, non teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B).

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0426-140519-0004_gl.pdf