Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 02 Mai 2019 06:21

O MINISTERIO DE SANIDADE , CONSUMO E BENESTAR SOCIAL CONVOCA OS PREMIOS INJUVE DE XORNALISMO E COMUNICACIÓN

MINISTERIO DE SANIDADE, CONSUMO E BENESTAR SOCIAL

Orde SCB/498/2019, do 23 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dos Premios INJUVE de Xornalismo e Comunicación.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión dos Premios INJUVE de Xornalismo e Comunicación (en diante, Premios) cuxa
finalidade é recoñecer e recompensar os traballos de xornalismo e comunicación social que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade.

Os Premios terán as seguintes modalidades de:
a) Xornalismo impreso.
b) Fotoperiodismo.
c) Xornalismo audiovisual, que comprenderá os traballos realizados tanto en radio como en televisión.
d) Xornalismo dixital, que comprenderá os traballos realizados en páxina web, blogue, rede social, edición dixital, ou outros de carácter similar.

Poderán ser beneficiarios/as dos Premios, as persoas físicas, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade e menor de trinta e cinco anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

b) Ostentar a nacionalidade española ou ter acreditada a residencia legal en España.

c) Non estar inhabilitadas ou incursas en prohibición para a obtención de axudas ou subvencións públicas, o que deberá acreditarse de acordo co previsto nos artigos 13.2 e 13.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións,
respectivamente.

d) Acharse ao corrente das obrigacións tributarias e de Seguridade Social, debendo acreditarse este requisito na forma establecida nos artigos 22 e
seguintes do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado por Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo.

O prazo de presentación das solicitudes finalizará transcorridos vinte días hábiles a contar desde o día seguinte á data de publicación no «Boletín Oficial do Estado» do extracto da convocatoria.

BASES