Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 26 Abril 2019 07:10

CONVOCAN 150 PRAZAS NO CORPO DE XESTIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL

Resolución do 15 de abril de 2019, da Subsecretaría, pola que se convocan procesos selectivos para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social.

Convócanse dous procesos selectivos para ingreso no Corpo de Xestión da Administración da Seguridade Social, código 1610, un para cubrir 150 prazas polo sistema xeral de acceso libre das comprendidas no artigo 2 do Real Decreto-lei 13/2017, do 7 de xullo, e outro para cubrir 91 prazas polo sistema de promoción interna, das comprendidas no anexo V do Real Decreto 955/2018, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018.

O proceso selectivo para os aspirantes que se presenten polo sistema xeral de acceso libre constará de: oposición e curso selectivo.

Quen desexe participar nestas probas selectivas dispoñerán dun prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» para presentar a solicitude cumprimentada electronicamente e presentada no modo establecido nos seguintes apartados.

https://www.boe.es/boe/dias/2019/04/26/pdfs/BOE-A-2019-6217.pdf