Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 26 Abril 2019 06:12

CONVOCATORIA DE 100 BOLSAS PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR, CO FIN DE ESTUDAR ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED333A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/as galegos/as residentes no exterior e que cumpran o disposto no artigo 3.
2. Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que xa foran beneficiarias e desfrutaran desta bolsa na convocatoria anterior, así como aquelas persoas beneficiarias que causaran baixa ou renunciaran á referida bolsa.

Importe total da bolsa por persoa beneficiaria: 10.000 euros

O prazo para presentar solicitudes será de 45 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e finalizará ás 23.59 horas (hora peninsular española) do día en que finalice o dito cómputo.

BASES