Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 24 Abril 2019 06:06

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMATIVAS STEM EN LINGUA INGLESA, STEMWEEK

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

O custo total de cada actividade inclúe:
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de manutención e aloxamento.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

A contía da axuda para cada persoa beneficiaria será o custo total da actividade.

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190424/AnuncioG0534-080419-0001_gl.pdf