Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 23 Abril 2019 06:04

APERTURA DE PRAZO PARA A INSCRICIÓN DE ASPIRANTES NAS LISTAS PARA A FORMACIÓN DE NOMEAMENTOS ESTATUTARIOS TEMPORAIS DE PERSOAL LICENCIADO SANITARIO DE ATENCIÓN HOSPITALARIA

Servizo Galego de Saúde
RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia

Prazo de presentación

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o 30 de xuño de 2019, ambos incluídos. Os méritos computables serán os causados ata o 15 de xuño de 2019 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ao 30 de xuño de 2019, o/a aspirante figurará nas seguintes xeracións de listas que se efectúen nas respectivas categorías/especialidades, as cales se realizarán anualmente, a partir do 30 de xuño.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190423/AnuncioG0003-110419-0001_gl.pdf