Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 16 Abril 2019 07:26

CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2019

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO ANO 2019 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

Empresas beneficiarias

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias

1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.

4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Tipo, contías das axudas e gastos subvencionables

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa. O importe máximo destas axudas é de 2.000€ por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

PRAZO: DE 17 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

FORMA DE PRESENTACIÓN:

1.- Se é persoa física poderao presentar directamente no Rexistro do Concello da Estrada en horario de 9.00 horas á 14.00 horas ou telemáticamente a través da sede electrónica tal e como se indica no seguinte apartado.

2.- Se é persoa xurídica, deberá presentar a solicitude obrigatoriamente a través da sede electrónica seguindo os seguintes pasos:

  • Recoméndase facer a presentación a través de Google Chrome.
  • Premer na SEDE ELECTRÓNICA Clicar en INSTANCIA XERAL
  • Encher todos os campos da instancia xeral ( se quen presenta a solicitude actúa en calidade de REPRESENTANTE , acreditar dita condición segundo o establecido no artigo 5 da Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Os ANEXOS de solicitude así como a documentación relativa á solicitude da axuda subiranse como documentos que se xuntan á Instancia Xeral.

 

Para calquera dúbida poden chamar ao departamento de emprego do Concello da Estrada en horario de 9.00 a 14.00 horas no 986 677 740 ou 986 570 030

BASES

ANEXO I

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV

ANEXO V