Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 16 Abril 2019 06:24

CONVOCATORIA DAS AXUDAS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA ESTATAL DE INCENTIVOS Á MOBILIDADE EFICIENTE E SUSTENTABLE

Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES). Anualidade 2019 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

  • Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.
  • Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.
  • Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
  • Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.

Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, os seguintes:

Actuacións 1 e 2
Profesionais e autónomos
Persoas físicas
Comunidades de propietarios
Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W.
O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.

Actuacións 3 e 4
Profesionais e autónomos
Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W.
O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará no prazo dun mes contado a partir do día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do Programa MOVES, e para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).

BASES