Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 11 Abril 2019 06:24

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2018/2019

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.

Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 10.20.423A.480.1 do ano 2019, cunha dotación global de 20.000 €.

Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.

O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 29 de abril de 2019 e rematará o día 28 de maio de 2019

BASES