Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 10 Abril 2019 09:11

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA ESTUDAR O MASTER EN PRODUCIÓN XORNALÍSTICA E AUDIOVISUAL DA UDC

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre xunto coa Fundación Amancio Ortega Gaona convocan 30 bolsas (10 delas inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña durante o curso académico 2019/20.

O prazo de envío e a presentación de solicitudes para o alumnado iberoamericano será ata o 30 de abril de 2019, mentres que para os/as estudantes/as españois será ata o 10 de xullo de 2019. Abrirase un segundo prazo ata o 31 de agosto de 2019 no caso de que queden prazas vacantes.

Todas as persoas aceptadas terán unha bolsa que cubrirá o 100 % dos gastos da súa primeira matrícula no máster, que a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre aboará á Universidade da Coruña.

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: http://www.mpxa.net/