Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 05 Abril 2019 09:01

NOVO SUBSIDIO POR DESEMPREGO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS MAIORES DE 52 ANOS

Se vostede ten 52 anos ou máis e esgotou a prestación ou subsidio por desemprego, coñeza cales son os requisitos que debe cumprir e a información necesaria para solicitar un subsidio por desemprego de maior de 52 anos.

  • Estar en desemprego.
  • Ter cumpridos 52 anos ou máis na data en que se esgote a prestación por desemprego ou o subsidio por desemprego, ou telos no momento de reunir os requisitos para acceder a algún dos seguintes subsidios: por esgotamento da prestación contributiva, emigrante retornado ou retornada, revisión por melloría dunha invalidez, liberado ou liberada de prisión ou cotizacións insuficientes para a prestación contributiva; tamén se cumpre os 52 anos mentres está a percibir algún dos devanditos subsidios.
  • Se na data en que se atope nalgún dos supostos previstos nos apartados anteriores, non cumprise a idade de 52 anos, pero, desde a devandita data, permanecese inscrito ou inscrita ininterrompidamente como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, poderá solicitar o subsidio cando cumpra esa idade.
  • Considerarase cumprido o requisito de inscrición ininterrompida cando cada unha das posibles interrupcións na inscrición como demandante de emprego tivese unha duración inferior a tres meses, non computándose os períodos que correspondan á realización de actividade por conta propia ou allea. Neste último caso o traballador non poderá acceder ao subsidio cando o cesamento no último traballo fose voluntario.
  • Estar inscrito ou inscrita como demandante de emprego durante un mes desde que se esgote a prestación que vostede estaba a percibir (data en que finaliza a prestación concedida, que sempre será anterior á data do último cobro da prestación), e non rexeitar durante ese mes ningunha oferta de colocación adecuada, nin negarse a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional. A inscrición deberá manterse durante todo o período de percepción do subsidio.
  • Cumprir o compromiso de actividade que está incluído na solicitude.
  • Cotizar por desemprego un mínimo de 6 anos ao longo da súa vida laboral.
  • Cumprir no momento da solicitude todos os requisitos, salvo a idade, para acceder a calquera tipo de pensión contributiva de xubilación no sistema da Seguridade Social español - Cotizar por xubilación 15 anos, dous dos cales han de estar dentro dos últimos 15 anos -.

Estar incluída ou incluído nalgún dos supostos seguintes:

  • Estar a percibir ou ter dereito a percibir subsidio.
  • Esgotar prestación contributiva ou subsidio por desemprego.
  • Ser emigrante que retornou a España (debe traballar como mínimo 12 meses no estranxeiro, en países non pertencentes á Unión Europea ou o Espazo Económico Europeo, desde a súa última saída de España) e non ter dereito a prestación contributiva por desemprego.
  • Ser liberado ou liberada de prisión sen dereito a prestación contributiva por desemprego, cando a privación de liberdade fose por tempo superior a 6 meses.
  • Ser declarada ou declarado plenamente capaz ou persoa con invalidez parcial como consecuencia de expediente de revisión por melloría dunha situación de gran invalidez, invalidez absoluta ou total para a profesión habitual.
  • Estar en situación legal de desemprego e non ter dereito a prestación contributiva por desemprego por non cubrir o período mínimo de cotización (12 meses), sempre que cotizase, polo menos, 3 meses.
  • Carecer de rendas propias de calquera natureza que en cómputo mensual sexan superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • As cotizacións efectuadas noutros países téñense en conta para percibir este subsidio só se foron realizadas en países pertencentes ao Espazo Económico Europeo ou cos que exista convenio de totalización de períodos para a protección por desemprego, tanto se os períodos son posteriores á entrada en vigor dos convenios, coma se son anteriores.
  • Deberá cumprir os requisitos no momento do feito causante e ademais, cando vostede solicite o subsidio, as continuacións, no momento da presentación da declaración anual de rendas e durante todo o tempo en que perciba o subsidio.
  • Considérase como data do feito causante aquela en a que se cumpra o prazo de espera dun mes, ou se produza a situación legal de desemprego, ou finalice a causa que provocase a suspensión do devandito subsidio.

Se non cumpre o requisito de carencia de rendas propias, poderá acceder ao subsidio se o cumpre e acredítao dentro do prazo dun ano desde a data en que se produciu o feito causante.

Este subsidio non será de aplicación ás persoas traballadoras fixas descontinuas mentres manteñan dita condición.

INFORMACIÓN SEPE