Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 05 Abril 2019 06:11

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL QUE FORMARÁ PARTE DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE MESTRAS E MESTRES COMPOSTEIROS EN PRÁCTICAS CON DESTINO AO PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Tendo en conta que a bolsa de emprego ten como obxecto a formalización posterior dun contrato en prácticas de mestras e mestres composteiros, poderán participar neste proceso selectivo aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española

b) Non estar incapacitadas fisicamente nin padecer unha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto do contrato en prácticas

c) Estar inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes ou en mellora de emprego

d) Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación profesional de grao superior:

Técnica/o Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural

Técnica/o Superior en Paisaxismo e Medio Rural

Técnica/o Superior en Laboratorio de Análises e de Control de Calidade

Técnica/o Superior en Educación e Control Ambiental

Técnica/o Superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos

Técnica/o Superior en Química Ambiental

e) Que non transcorresen mais de cinco anos, ou sete no caso de persoas con discapacidade, desde a terminación dos estudos, tendo en conta que este requisito deberá cumprirse na data na que presente a solicitude e na que se proceda a formalización do correspondente contrato. En caso contrario, ao non ser posible a contratación por motivos legais, a persoa correspondente quedará eliminada da lista de agarda.

f) Que non estivesen contratadas en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por tempo igual ou superior a un ano (o que se comprobará a través da vida laboral das persoas candidatas) nos grupos de cotización asignados, grupo 3 para os ciclos superiores, tendo en conta que este requisito deberá cumprirse na data na que se presenta a solicitude e na data de formalización do correspondente contrato.

g) Non gozar na actualidade doutro contrato de práctica laboral da Deputación de Pontevedra nin nos distintos centros ou servizos desta, nin en concellos ou empresas da provincia. Tomarase como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día en que teña lugar a finalización do proceso de selección destes contratos.

h) Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel CELGA IV ou superior.

i) Estar dispostas a realizar polos seus propios medios os desprazamentos aos centros de destino de traballo, considerando o Pazo provincial como o centro de orixe.

Consideraranse como centros de destino basicamente os CCC implantados pola provincia de Pontevedra, tamén calquera punto da área veciñal cuberta polos CCC en cuestión, e os COIN nos domicilios, así como os lugares previstos para o depósito das podas e máis aqueles relacionados co proxecto que determinasen tanto a Deputación coma os concellos.

A duración dos contratos en prácticas que se formalicen ao abeiro desta convocatoria será de 1 ano desde a incorporación da persoa beneficiaria, prorrogable outro máis ata a duración máxima de 2 anos.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/04/05/2019014972