Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 03 Abril 2019 10:13

NOVA CONVOCATORIA DAS BOLSAS AVENIR- DESTINO FRANCIA

Este programa de bolsas vai destinado á formación de estudantes españois que desexen estudar ou facer prácticas profesionais en recoñecidas empresas e universidades do país veciño durante o próximo curso 2019/2020, así como para estudantes franceses que desexen formarse en España.

Nesta edición, os/as estudantes españois que resulten elixidos/as poderán gozar dunha destas bolsas de formación que están dotadas cunha contía que oscila entre 3.500 e 10.000 euros, segundo recollen as bases desta convocatoria.

Para esta quinta edición propuxéronse un mínimo de 45 bolsas de estudos e prácticas que quedan distribuídas da seguinte maneira:

  • 8 bolsas que veñen de parte da Embaixada de Francia en España
  • 8 bolsas de parte de dúas universidades francesas ( Université de Pau et deas Pays de l’ Adour e Communauté de Grenoble Alpes)
  • 25 bolsas chegan de oito Grande *École como ESCP Europe ou HEC Paris
  • 4 bolsas de parte de catro empresas francesas ( BNP Paribas, Carrefour, Engie e Bonitasoft)

Todas as bolsas de estudos darán lugar á obtención do estatuto de Bolseiro/a de Cobertura Social ( Boursier de Couverture Sociale - BCS), que permite acceder con maior facilidade ao aloxamento CROUS en Francia e obter unha cobertura social completa.

Como solicitar as Bolsas Avenir

As persoas candidatas que estean interesadas en conseguir unha destas bolsas deberán consultar os perfís que esixe cada entidade colaboradora, así como as condicións de acceso ás bolsas. Estas axudas van dirixidas a estudantes de grao, de máster ou de doutoramento que teñan a nacionalidade española ou a franco-española.

Así mesmo, esíxese ter un nivel mínimo B2 en francés que se poida acreditar a través do TCF, DELF- DALF, ou un nivel B2 en Inglés, segundo destaque o perfil de cada unha das bolsas.

Todas as persoas aspirantes deberán tamén presentar a declaración fiscal do ano anterior dos seus pais ou titores legais, e tamén deberán enviar un currículo.

O prazo de recepción de candidaturas finaliza o próximo 17 de maio, e ata o 17 de xuño levará a cabo a selección dos candidatos.

BASES