Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 02 Abril 2019 06:15

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: CONVOCATORIA DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE ANO 2019

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a terceira convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude, co ánimo de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia.

Esta convocatoria está dirixida a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, nas modalidades de iniciativa social, iniciativa empresarial, contido dixital, traballo musical, traballo literario breve, fotografía, e deseño e moda.

 A modalidade de educación en valores está dirixida aos centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.

Os premios que se convocan están dotados cun importe de vinte e dous mil (22.000,00) euros nas seguintes categorías:

1. Iniciativa social: 2.250,00 euros

• Primeiro premio: dotado con 1.500,00 euros

• Segundo premio: dotado con 750,00 euros

2. Iniciativa empresarial: 2.500,00 euros

• Primeiro premio: dotado con 1.500,00 euros

• Segundo premio: dotado con 1.000,00 euros

3. Contido dixital: 3.000,00 euros

3.1 Contido audiovisual

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

3.2 Weblog

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

4. Educación en valores: 2.250,00 euros

• Primeiro premio: dotado con 1.500,00 euros

• Segundo premio: dotado con 750,00 euros

*O importe do premio deberá destinarse na súa totalidade á adquisición de material, saídas educativas, proxectos escolares, bolsas para o alumnado ou calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

5. Traballo musical: 3.000,00 euros

5.1 Música clásica

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

5.2 Outros xéneros

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

6. Traballo literario: 4.500,00 euros

6.1 Narrativa

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

6.2 Poesía

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

6.3. Banda deseñada

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

7. Fotografía: 3.000,00 euros

7.1 Serie fotográfica

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

7.2 Fotografía orixinal

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

8. Deseño e moda: 1.500,00 euros

• Primeiro premio: dotado con 1.000,00 euros

• Segundo premio: dotado con 500,00 euros

O prazo de inscrición será de tres (3) meses e comezará a partir do día seguinte ao da publicación das bases reguladoras e do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

BASES