Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 29 Marzo 2019 07:24

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS, EN CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO DURANTE O ANO 2019

Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o ano 2019 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:

Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable

— Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.

Quedan excluídas desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, as seguintes actividades e investimentos:

— As actividades ou investimentos subvencionados, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación de Pontevedra.

— Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realicen ao longo de todo o ano.

— As viaxes de lecer e as excursións.

— Os gastos gastronómicos, agás cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para o seu desenvolvemento.

— As adquisicións de bens ou gastos que teñan a consideración de investimento.

— A elaboración e impresión de material de información turística (folletos, posters, carteis, etc.)

— As festas gastronómicas que consistan principalmente na degustación de produtos sen a súa posta en valor.

O importe máximo da subvención para cada proxecto non poderá exceder do 70% do seu orzamento e non superará o importe de 7.000,00 euros por proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partido do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/03/29/2019013646