Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 29 Marzo 2019 07:16

PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: "O TEU PRIMEIRO EMPREGO" EN EMPRESAS E CORPORACIÓNS SECTORIAIS

CONVOCATORIA E BASES DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: "O TEU PRIMEIRO EMPREGO" EN EMPRESAS E CORPORACIÓNS SECTORIAIS

BASES DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” NAS EMPRESAS E CORPORACIÓNS SECTORIAIS

As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras e as e os titulados universitarios e de formación profesional de ciclos superiores sen experiencia laboral previa, co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

As 250 contratacións en prácticas distribuiranse en dous grupos, conforme o seguinte criterio de repartición:

• 1.º grupo: 150 contratacións en prácticas para persoas tituladas universitarias

• 2.º grupo: 100 contratacións en prácticas para persoas tituladas en ciclos superiores de formación profesional

Poderán ser entidades colaboradoras das axudas ou subvencións previstas neste programa as pequenas e medianas empresas e as microempresas, en calquera das modalidades xurídicas existentes, atendendo á definición establecida pola Comisión Europea (Recomendación 2003/361/CE de 6 de maio), o empresariado individual e as e os profesionais, as comunidades de bens e as corporacións sectoriais que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos e que non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO.

SELECCIÓN DAS PERSOAS BENEFICARIAS DOS CONTRATOS EN PRÁCTICAS

A Deputación Provincial será a encargada de levar a cabo o proceso de selección das persoas que se contraten mediante a presentación das ofertas de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Pontevedra, que realizará a sondaxe dos postos que se queren cubrir en toda a provincia, tendo en conta as titulacións requiridas polas entidades colaboradoras.

A selección efectuarase entre as e os demandantes de emprego desempregados ou co tarxeta de mellora de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas, recollidos nas bases 3 e 4 da convocatoria. O ámbito de busca de emprego non poderá superar o nivel provincial.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/03/29/2019012078