Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 29 Marzo 2019 07:07

BASES DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” EN ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS

CONVOCATORIA E BASES DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA: "O TEU PRIMEIRO EMPREGO" EN ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS

BASES DO PROGRAMA DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” EN ORGANIZACIÓNS NON GOBERNAMENTAIS (ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVAN PROGRAMAS OU SEXAN TITULARES OU XESTORAS DE CENTROS OU PROGRAMAS DE SERVIZOS SOCIAIS INSCRITAS NO REXISTRO ÚNICO DE ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS (RUEPSS)

As 40 contratacións en prácticas distribuiranse en dous grupos, conforme o seguinte criterio de repartición:

• 1.º grupo: 25 contratacións en prácticas para persoas tituladas universitarias

• 2.º grupo: 15 contratacións en prácticas para persoas tituladas en ciclos superiores de formación profesional

Poderán ser entidades colaboradoras das axudas ou subvencións previstas neste programa as organizacións non gobernamentais, en concreto as asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais inscritas no RUEPSS que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos e que non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO.

SELECCIÓN DAS PERSOAS BENEFICIARIAS DOS CONTRATOS EN PRÁCTICAS

A Deputación Provincial será a encargada de levar a cabo o proceso de selección das persoas que se contraten mediante a presentación das ofertas de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Pontevedra, que realizará a sondaxe dos postos que se queren cubrir en toda a provincia, tendo en conta as titulacións requiridas polas entidades colaboradoras.

A selección efectuarase entre as e os demandantes de emprego desempregados ou con tarxeta de mellora de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas, recollidos nas bases 3 e 4 da convocatoria.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/03/29/2019012079