Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 27 Marzo 2019 07:11

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR ARTESÁN

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN201G)

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Gastos subvencionables:
a) Son gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a.
– Os que ocasione o aluguer do espazo expositivo que se contrata.
– Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.
– O transporte do material expositivo por transportista profesional.
– No caso de feiras internacionais os servizos de tradución e o transporte internacional por transportista profesional.

b) Son gastos subvencionables para a organización de feiras:
– A infraestrutura e os servizos propiamente feirais.
– A publicidade.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190327/AnuncioG0424-140319-0003_gl.pdf