Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 20 Marzo 2019 07:15

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DE PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 4 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR349R).

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (procedemento TR349R).
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas desempregadas de longa duración por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma
de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no
Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190320/AnuncioG0424-060319-0002_gl.pdf