Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 05 Marzo 2019 07:09

CONVOCATORIA DO PROCEMENTO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA USOS TÉRMICOS E PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA

Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2019.

Convocase, en réxime de concorrencia competitiva, procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas previstas na Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, destinadas a particulares e na Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinados a particulares (código de procedemento IN421N).

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será de cinco (5) días hábiles, a partir do 6 de febreiro incluído, desde as 9.00 horas, e para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I) .

PROCEDEMENTO