Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 01 Marzo 2019 07:24

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DE INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

Axencia Galega da Industria Forestal
RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

Poderán ser entidades beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outras materias de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da
Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

Proxectos subvencionables

Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.

Para os efectos desta resolución, serán subvencionables:
a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado da madeira.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
c) Tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
d) Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
e) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.

Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 50 % dos gastos elixibles. A axuda máxima por solicitante limitarase a 200.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

BASES