Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 27 Febreiro 2019 07:17

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AOS OBRADOIROS ARTESÁNS PARA INCENTIVAR A REALIZACIÓN DE ACORDOS DE FORMACIÓN DE APRENDICES

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 12 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento IN201K).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de períodos de formación, teórica e práctica, de aprendices durante un período máximo de doce (12) meses, e se procede á súa convocatoria.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os obradoiros artesáns, sexan persoas físicas, xurídicas ou comunidades de bens, que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Contía da subvención
O importe da subvención, que se aboará ao obradoiro, non excederá as seguintes contías mensuais:
– 1,1 veces o IPREM mensual vixente en 1 de xaneiro de 2019 se a formación ten unha xornada de 20 horas semanais.
– 1,4 veces o IPREM mensual vixente en 1 de xaneiro de 2019 se a formación ten unha xornada de 40 horas semanais.
– O obradoiro percibirá, adicionalmente, unha contía fixa, para as cotizacións sociais dos/das bolseiros/as, e gastos en funxibles e materiais que se realicen durante a práctica dos/das aprendices, coas seguintes contías:
• Se a xornada do/da aprendiz/a é de 20 horas semanais: 200 € mensuais.
• Se a xornada do/da aprendiz/a é de 40 horas semanais: 400 € mensuais.
Poderanse subscribir acordos cunha duración entre 21 e 39 horas semanais. Nese suposto, o importe da subvención concedida será incrementado proporcionalmente en función do número de horas pactado entre o obradoiro e o/a aprendiz/a.

Contía que aboará o obradoiro ao/á aprendiz/a
Os obradoiros aboarán aos/ás bolseiros/as as seguintes cantidades, con carácter mensual, como mínimo:
– 1,2 veces o IPREM mensual vixente en 1 de xaneiro de 2019 se a formación ten unha duración de 20 horas semanais.
– 1,5 veces o IPREM mensual vixente en 1 de xaneiro de 2019 se a formación ten unha duración de 40 horas semanais.
Cando os acordos teñan unha duración entre 21 e 39 horas, o obradoiro aboará o importe correspondente incrementado proporcionalmente.

Cada obradoiro poderá solicitar subvención, con carácter xeral, para o financiamento dun (1) acordo cun/cunha aprendiz/a. Se o obradoiro ten, como mínimo, seis (6) traballadores/as empregados/as, poderá subvencionar ata dous (2) acordos simultaneamente.

O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, supere o 100 % do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2019, salvo esgotamento de crédito.

BASES