Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 27 Febreiro 2019 07:10

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2019

EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 15 DE FEBREIRO DE 2019 POLO QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2019

Beneficiarias/os

Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira da provincia de Pontevedra legalmente constituída que desenvolva as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra e que teña, obrigatoriamente como fin, a prestación de servizos aos seus asociados.

Obxecto

Subvencións para apoiar ás entidades agrogandeiras en proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto: a comercialización, transformación e valorización das producións, a formación técnica e innovación tecnolóxica, a posta en uso de enerxías renovables, actuacións para mellorar a calidade dos produtos, construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios e accesos os mesmos, mobiliario, e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados aos seus socios. As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras axudas para o mesmo fin.

Prazo de presentación

Trinta días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

BOP

BASES