Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 15 Febreiro 2019 08:17

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE FORMACIÓN EN TAREFAS RELACIONADAS CO DEREITO CONSTITUCIONAL COMPARADO E A ACTIVIDADE INTERNACIONAL DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Resolución do 5 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral do Tribunal Constitucional, pola que se convoca bolsa de formación en tarefas
relacionadas co Dereito constitucional comparado e a actividade internacional do Tribunal Constitucional.

A bolsa ten por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co Dereito constitucional comparado e a actividade internacional do Tribunal Constitucional.

Os estudos e traballos realizados quedarán en propiedade do Tribunal.

Convócase unha bolsa, cunha duración de doce meses. A bolsa poderá ser prorrogada, se fose conveniente para o programa de formación e previa aceptación do interesado, por un máximo de seis meses, con arranxo ás dispoñibilidades orzamentarias.

A dotación da bolsa será de 1.150 euros brutos mensuais (sendo 13.800 euros o importe do gasto para comprometer, imputable á aplicación orzamentaria 487).

O prazo de presentación das instancias será dun mes desde o día seguinte á publicación deste acordo no «Boletín Oficial do Estado».

BASES