Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 08 Febreiro 2019 07:24

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O PROGRAMA INDUSTRIAL DO FUTURO 4.0 ( TERCEIRA CONVOCATORIA)

Axencia Galega de Innovación
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN854A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico. As empresas poderán ser grandes ou pemes.

b) Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que realicen proxectos en cooperación.

Recóllense dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación. Os organismos de investigación só poderán participar na modalidade en cooperación.

Poderán participar na modalidade de proxectos individuais unha peme ou unha empresa grande, no caso de proxectos de I+D. No caso de proxectos de innovación en materia de organización e de procesos, para a modalidade de participación individual, só poderá participar unha peme.

Prazo de presentación de solicitudes
A empresa líder da agrupación presentará a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo,
entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

BASES