Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 08 Febreiro 2019 07:14

CONVOCATORIA DE AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUCTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

Consellería do Medio Rural
ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2019.

Persoas beneficiarias

As persoas viticultoras cuxas viñas se destinen a producir uva para vinificación e, así mesmo, as futuras persoas viticultoras que sexan titulares dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola.

Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

Poderá subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:
a) Reimplantación de viñas.
b) Reconversión varietal.
c) Mellora das técnicas de xestión de viñas.
Os plans poderán conter operacións anuais e/ou bianuais, con ou sen anticipo.

As axudas poderán ser de:
a) Compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (1.912,50 euros/ha e campaña, no seu caso).
b) Custos de reestruturación e reconversión da viña (50 % dos custos subvencionables tanto para os plans colectivos como individuais)

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

BASES