Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 08 Febreiro 2019 07:06

CONVOCATORIA DOS PREMIOS Á COOPERACIÓN

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega. O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802Q.

Destinatarios/as

Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.

Outórganse os seguintes premios:

• Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 5.000 euros.
• Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, cunha dotación económica de 5.000 euros.
• Premio á traxectoria cooperativa, cunha dotación económica de 5.000 euros.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2019.

BASES