Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 07 Febreiro 2019 07:10

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS COOPERATIVAS, SOCIEDADES LABORAIS, CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E EMPRESAS DE INSERCIÓN

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2019.

Programa I - Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (procedemento TR802H).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Emprego, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.

A contía das axudas non poderá superar o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades, que poderán contar, así mesmo, con outros financiamentos, sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia. No caso de axudas de custo e desprazamento, a subvención non superará os 1.500 euros. O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da
conta xustificativa non superará os 3.000 euros.

A contía da subvención non poderá superar, para cada beneficiaria, a contía resultante de multiplicar a puntuación acadada logo da aplicación dos criterios de avaliación polo cociente entre o crédito asignado na convocatoria e a suma da puntuación acadada por todas as entidades beneficiarias.

A contía máxima da subvención para cada beneficiaria é de 100.000,00 euros.

Programa II - Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral (procedemento TR358D).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de centros especiais de emprego que asocien principalmente centros inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, así como as asociacións de empresas de inserción laboral que asocien principalmente empresas inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia.

A contía das axudas non poderá superar o 90 % dos gastos necesarios para a realización das actividades, que poderán contar, así mesmo, con outros financiamentos sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia. No caso de axudas de custo e desprazamento, a subvención non superará os 1.000 euros. O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da
conta xustificativa non superará os 3.000 euros.

A contía da subvención non poderá superar, para cada beneficiaria, a resultante de multiplicar a puntuación acadada logo da aplicación dos criterios de avaliación polo cociente entre o crédito asignado na convocatoria e a suma da puntuación acadada por todas as entidades beneficiarias.

A contía máxima da subvención para cada beneficiaria é de 35.000,00 euros.

O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES