Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 06 Febreiro 2019 07:06

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O APOIO DE PROXECTOS PILOTO PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO FORESTAL

Axencia Galega da Calidade Alimentaria
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Poderán acceder á condición de beneficiario/a das subvencións obxecto da presente resolución:
a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.

b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Gastos subvencionables
Poderán subvencionarse os custos directos vinculados aos proxectos aprobados. En particular, gastos de infraestruturas estritamente necesarias para o desenvolvemento dos proxectos, equipamento e material inventariable, gastos de funcionamento, subministracións e material funxible, gastos de persoal investigador ou auxiliar, custo de colaboracións externas e outros custos indirectos nas condicións establecidas polo artigo 68 do Regulamento (UE) 1303/2013.

As axudas previstas nesta resolución para a implantación e desenvolvemento de proxectos destinaranse a cubrir os gastos que estean directamente relacionados co orzamento do proxecto para o que se concederon.

Contía das axudas
A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización establecidos no artigo 16.

A intensidade da axuda aos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías será do 80 % dos gastos subvencionables.

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros.

Non se admitirán proxectos cuxa contía real de execución sexa superior a 150.000 euros.

Os proxectos poderán desenvolverse como máximo ao longo de tres anualidades contadas a partir da anualidade 2019, e poderán ter unha duración inferior sempre e cando sexa así formulado na solicitude de axuda.

No anexo I desta resolución deberá especificarse os orzamentos propostos para cada anualidade durante a cal se desenvolverá o proxecto. Os orzamentos do proxecto por anualidades seguirá a seguinte repartición en relación ao orzamento total do proxecto:primeira anualidade como máximo un 10 %, segunda anualidade como máximo un 60 % e terceira anualidade a porcentaxe restante ata chegar ao 100 %.

Para proxectos de dúas anualidades a contía máxima será de 100.000 euros repartidos cun máximo do 15 % na primeira anualidade, e o orzamento restante na segunda anualidade.

O prazo para a presentación de solicitudes remata no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

BASES