Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 05 Febreiro 2019 08:34

FUNDACIÓN RAFAEL DEL PINO CONVOCA 10 BOLSAS PARA UN MASTER OU DOUTORADO NO ESTRANXEIRO

As bolsas están dirixidas a graduados/as, licenciados/as e titulados/as superiores para que poidan estudar un máster ou doutoramento nos mellores centros internacionais. Tamén se admitirán proxectos de investigación científica en función do interese do tema de estudo, a valía das persoas candidatas e a calidade do centro de destino. Na presente edición hai previstas un máximo de dez bolsas, que serán gozadas no curso 2019-2020, tendo prioridade as persoas candidatas que non realizasen antes estudos de posgrao.

Os/as solicitantes serán graduados/as universitarios, licenciados/as, titulados/as superiores ou estudantes no último curso de grao ou licenciatura. Ademais, deben acreditar un excelente coñecemento escrito e falado do idioma inglés e da lingua correspondente ao país onde está localizado o centro do seu destino, nese caso deberán estar en posesión da certificación esixida polo devandito centro. Ademais, os/as solicitantes dunha bolsa para cursar un MBA deberán acreditar que posúen a experiencia laboral mínima esixida polo centro.

A persoa bolseira non poderá ser beneficiaria simultaneamente de ningunha bolsa ou axuda económica. Quen estea interesadas en presentar unha solicitude, que se realiza vía online, poden facelo ata o 15 de febreiro. Antes da data de peche da convocatoria o/a candidato/a debe efectuar, a través da aplicación, os trámites para obter polo menos dúas cartas de referencia, en español ou inglés, de profesores universitarios ou doutras persoas relevantes que tivesen unha relación académica ou profesional con el.

Se a persoa candidata é seleccionada para pasar á fase final de entrevistas deberá entregar tamén unha copia do DNI, unha fotografía, a documentación académica co expediente, e os certificados oportunos, así como a carta ou correo electrónico do centro onde se reflicta a admisión ou petición de admisión. Os/as candidatos/as escollidos/as serán os/as que acrediten maiores méritos e capacidades, e os/as que pasen unha entrevista co coité seleccionados, que se celebrará a partir do 20 de marzo.

A contía máxima anual da bolsa será de 25.000 euros no caso dos estudos de doutoramento ou proxectos de investigación, e de 50.000 no caso de máster, o que incluirá matrícula, billete de ida e volta, seguro, gastos de aloxamento, manutención e libros. O goce da bolsa é dun curso académico, aínda que se pode solicitar unha prórroga. Para teses doutorais o prazo non poderá ser superior a dous anos.

BASES