Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 30 Xaneiro 2019 07:05

CONVOCATORIA DE AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA, NOS ORGANISMOS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN E E NOUTRAS ENTIDADES DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO DE I+D+I

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019

Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato
predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á institución onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.

A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder os tres. Se se concertase un contrato de duración inferior a 3 anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. A actividade desenvolvida será avaliada anualmente pola comisión académica do programa de doutoramento, durante o tempo que dure a súa permanencia no programa, e o contrato poderá
resolverse no caso de non superarse favorablemente esta avaliación.

Estas axudas inclúen 3 conceptos:

1. O financiamento dun contrato predoutoral dun máximo de tres anos de duración.

2. Un complemento anual por axuda destinado ás entidades beneficiarias para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

3. Estadías de tres meses de duración no estranxeiro para que de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, as persoas contratadas acaden a mención de doutora ou doutor internacional.

As estadías serán continuadas e terán que realizarse entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de outubro de 2020 e asegurar un grao de mobilidade e de internacionalización ao que non se puidese ter accedido por formación académica anterior ou por outros factores tales como residencia, país de orixe ou nacionalidade, e en ningún caso poderá ocasionar un atraso na finalización dos estudos de doutoramento.

Para as axudas da modalidade A no ámbito das universidades do SUG, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, terase en conta a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

O número e importe máximo das axudas concedidas para cada unha das modalidades serán:

Modalidade A: 57 axudas. O importe máximo de cada axuda é de 23.500 euros anuais.
O número máximo de persoas non comunitarias que poderán obter este tipo de axudas é de catro. Co fin de garantir o cumprimento dos obxectivos fixados no programa operativo FSE Galicia 2014-2020, polo menos 50 axudas deben recaer en persoas candidatas presentadas polas universidades do SUG.

Modalidade B: 43 axudas. A previsión inicial é de 40 para o SUG e as restantes para as demais entidades indicadas no artigo 2.1. O importe máximo de cada axuda é de 20.500 euros anuais e o número máximo de persoas non comunitarias que poderán obter unha axuda desta modalidade é de catro. As axudas desta modalidade presentadas por unha universidade do SUG distribuiranse entre as ramas de coñecemento das cinco recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; e Enxeñaría e Arquitectura), de maneira que se garanta un mínimo de 10 axudas no ámbito das universidades para Artes e Humanidades e 10 para Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que o número de solicitudes o permita.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG.

BASES