Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 28 Xaneiro 2019 09:29

ADHESIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS PARA TRAMITAR AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS PARA A REFORMA DE ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS

Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de dous meses a partir do día hábil seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (procedemento do Igape co código IG258).

As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e o Igape. Serán as encargadas da venda e promoción dos bens subvencionables indicados no artigo 3.1.d).

Na súa relación co Igape, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
b) Realización ante o Igape dos trámites para solicitar a axuda.
c) Desenvolvemento das accións vinculadas ao programa.
d) Xustificación da axuda e a súa certificación ante o Igape.

Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras os establecementos de venda de calquera dos bens especificados no artigo 3.1.d).

Deberán ser entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, ou ben empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (non poderán ser entidades colaboradoras as sociedades civís, as comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia) e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Igape. As características técnicas exixibles poderán
consultarse na oficina virtual do Igape (http://tramita.igape.es).

Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten nos prazos que se indican na convocatoria, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria destas bases no Diario Oficial de Galicia.

PROCEDEMENTO