Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 28 Xaneiro 2019 09:19

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS PARA A REFORMA DOS ESTABLECEMENTOS (REFORMA TUR- 19) ASÍ COMO A SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPEN NA SÚA XESTIÓN

Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda (que inclúen a documentación xustificativa e a solicitude de cobramento) comezará ao mes desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30.4.2019, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia (procedemento do Igape co código IG259).

O prazo de execución do proxecto, entendido como o prazo en que se deben ter adquiridos os bens subvencionables, rematará o 30.5.2019.

O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 15.6.2019.

Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais dirixidos á rehabilitación e reforma de establecementos hoteleiros situados en Galicia, realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:

a) Adquisición dun ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.
b) Para ser subvencionable unha operación de compra individual deberá acadar un custo mínimo de 10.000 euros (sen incluír IVE).
c) A subvención máxima que se percibirá por beneficiario e establecemento ser de 25.000 euros nunha ou varias operacións de compra. No caso de que un mesmo beneficiario sexa titular de máis dun establecemento subvencionable en Galicia, poderá beneficiarse das axudas cos seus límites aplicados a cada establecemento.

d) Bens que poden ser obxecto de axuda:
– Materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc.
– Materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas.
– Sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
– Sistemas de iluminación.
– Sistemas domóticos.
e) Os bens obxecto de axuda deberán ser empregados na reforma mediante instalacións fixas e constituír un compoñente da obra a realizar. Non se subvencionarán elementos non fixos.
f) Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de 6 meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación no enderezo do establecemento indicado na solicitude de axuda. A obriga de destinar os bens obxecto da axuda á reforma no establecemento indicado na solicitude recae en primeira instancia no beneficiario da axuda, sen prexuízo de que este poida demostrar a imposibilidade de realizar a dita reforma en prazo por retrasos ou outras causas achacables ao establecemento colaborador en cuxo caso, e de quedar acreditadas as ditas circunstancias, procederase a incoar procedemento de incumprimento de condicións ao establecemento colaborador, que poderá rematar cunha resolución de revogación da axuda.
g) Os establecementos de venda deberán identificar claramente os bens susceptibles de axuda conforme ao establecido nestas bases.
h) Quedan expresamente excluídos: a man de obra da reforma e os electrodomésticos.
i) Só se admitirán pagamentos en que unha entidade bancaria certifique que o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución do proxecto, identifique claramente o receptor e o emisor do pagamento e a súa data efectiva. En particular, non se admitirán pagamentos en efectivo.

A contía da axuda será dun 25 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 25.000 euros por beneficiario e establecemento hoteleiro.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas os/as titulares de:

a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 prazas, definidos no capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016, do 12 de maio, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004, do 29 de xullo, situados no Camiño de Santiago.

c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.

Os establecementos deben estar autorizados ou clasificados conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), cunha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a cinco anos á data de publicación da convocatoria da axuda.

BASES