Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 28 Xaneiro 2019 09:02

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2019.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico (TU503A).

Consideraranse actuacións subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:
3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de calidade turística.

3.3. Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

3.4. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.

3.5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións así como embelecemento do contorno.

3.6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requerirase o solicitante para que reformule o proxecto ata o citado límite.

Gastos subvencionables
1. Considéranse gastos subvencionables os investimentos netos en que incorrese a entidade solicitante como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados.

2. Ademais dos gastos de obra e adquisicións de bens mobles inventariables vencellados coa execución do proxecto, serán gastos subvencionables os servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do proxecto e de dirección  de obra. Os honorarios técnicos non serán superiores ao 6 % do investimento neto admitido.

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

BASES