Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 28 Xaneiro 2019 08:45

CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE POR CAUSAS SOBREVIDAS E IMPREVISTAS OCORRIDAS AO LONGO DO CURSO ACADÉMICO 2018/2019 TEÑA DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA CONTINUAR OS ESTUDOS

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 14 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2018/19, teña dificultades económicas para continuar estudos.

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2018/19, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos (código de procedemento ED433A).

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta, situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, vítimas de violencia de xénero, vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2018/19. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019.

c) Estar matriculado, no curso académico 2018/19, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado a quen lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos.

d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2019 multiplicada por 1,50.

e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazo para presentar as solicitudes:
– Se a causa sobrevida e imprevista acontecese con anterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida, e, nestes casos, a data límite para presentar as solicitudes será o 31 de xullo de 2019, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

ORDE