Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 28 Xaneiro 2019 08:26

EGAP CONVOCA BOLSA DE FORMACIÓN EN ESTUDOS RELACIONADOS CO DEREITO ADMINISTRATIVO

Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa candidata seleccionada ao desempeño da bolsa na EGAP, tal como se dispón na base décimo cuarta, e finalizarán o 31 de decembro de 2019.

O importe da bolsa será de 1.100 euros brutos mensuais, que se farán efectivos, tras a certificación da EGAP do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A cantidade percibida estará en función do número de días transcorridos desde a incorporación
á bolsa.

Requisito xeral: 

Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

BASES