Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 28 Xaneiro 2019 07:28

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA O FOMENTO E A CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DO PROGRAMA I PARA AS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN E DO PROGRAMA II DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019.

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2019, coa finalidade de promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas de axudas:

a) Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I).

b) Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E)

Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, e realizar a súa convocatoria para o ano 2019.

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas,promotoras e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

*Nota: podes iniciar este procedemento solicitando esta distinción no departamento de emprego do Concello da Estrada.

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2019.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

BASES