Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 28 Xaneiro 2019 07:08

CONVOCATORIA DE AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019.

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e realizar a convocatoria das  subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2019 coa finalidade da promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Establécense os seguintes programas de axudas:

a) Programa I: promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D).

b) Programa II: programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F).

Programa I: promoción do emprego autónomo

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de
2019, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:
a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 5.2 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

c) Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

d) Que non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación da resolución de concesión da anterior subvención.

e) Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en
calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará cando a actividade desenvolvida fose realizada por persoas autónomas colaboradoras.

CONTÍA DA AXUDA:

a) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

b) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que pertenzan a algún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
– Persoas menores de 30 anos.
– Persoas desempregadas de longa duración.
– Persoas desempregadas con discapacidade.
– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.

e) Persoas trans.
Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de se aplicaren todos os incrementos, sería de 9.000 €.
Aplicarase a subvención polo colectivo e os incrementos indicados pola persoa solicitante. No caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude. Se non queda acreditada a pertenza a ningún colectivo entenderase que solicita pola contía base mínima.

O prazo para presentar as solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2019. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Programa II: Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:
i. Primeira persoa traballadora indefinida.
A axuda consistirá nunha contía de 3.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
Esta axuda será de 5.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
• Persoas desempregadas de longa duración.
• Persoas con discapacidade.
• Persoas en situación ou risco de exclusión social.

ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida.
A axuda consistirá nunha contía de 5.000 euros cando se trate dunha persoa desempregada.
Esta axuda será de 7.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
• Persoas desempregadas de longa duración.
• Persoas con discapacidade.
• Persoas en situación ou risco de exclusión social.
Estas contías resultantes incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.
e) Persoas trans.
Deste xeito as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:
– Para a primeira persoa traballadora indefinida: 11.250 €.
– Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida: 15.750 €.

Prazo de solicitude:

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

O prazo para presentar as solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

BASES