Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 24 Xaneiro 2019 07:27

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DOS SEGUROS AGRARIOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Consellería do Medio Rural
ORDE do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2019.

As liñas de actuación estarán orientadas á consecución dos obxectivos seguintes:
1. Avanzar no desenvolvemento do sistema de seguros agrarios para proporcionar aos productores agrarios unha ferramenta de xestión de riscos a un custo asequible.
2. Establecer os criterios de asignación de subvencións, optimizando os recursos e facilitando a súa aplicación, xestión e control.
3. Fomentar o deseño de liñas de seguro renovables para mellorar a implantación do seguro e a súa universalización.

As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0426-271218-0007_gl.pdf