Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 23 Xaneiro 2019 07:11

CONVOCATORIA DE AXUDAS DE COMPENSACIÓN E AXUDAS PARA A REPOSICIÓN DOS ANIMAIS EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN COMO CONSECUENCIA DO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE GANDO EN EXECUCIÓN DE PROGRAMAS OFICIAIS DE ERRADICACIÓN DE ENFERMIDADES

Consellería do Medio Rural
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2019

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou
destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas ou entidades titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

3. As persoas ou entidades solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da
Unión Europea.

Esta orde regulará, dentro destas axudas do punto 1, dous procedementos que se atopan na sede electrónica da Xunta de Galicia e que se corresponden cos dous períodos de tempo nas axudas:

a) peAxudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: Período de baleiro. Código do procedemento MR553A.

b) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de postautorización á reintrodución. Código do procedemento MR553B.

As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teñan por obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais como consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

En relación con este punto 2, a orde regulará o procedemento de Axudas á reposición de animais: xeral, o cal está recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código MR550A.

O procedemento de concesión das axudas recollidas nesta orde, de xeito excepcional, non requirirá a comparación nin a prelación das solicitudes presentadas, senón que se tramitarán todas as solicitudes a medida que as persoas interesadas as presenten, ata esgotar o crédito orzamentario, e en cumprimento do artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contías das axudas para a reposición:

1. Contías básicas:
a) As axudas para a compra de animais bovinos, ovinos e cabrúns destinados á reposición poderán concederse nas contías básicas e cos límites seguintes: 500 euros por animal adquirido da especie bovina e 50 euros por animal comprado para o gando ovino e o cabrún (houbese ou non baleiro sanitario na subexplotación); estes importes por animal poderán ser incrementados nun 10 % se a explotación pertencía a unha asociación de defensa sanitaria gandeira (ADSG) nunhas datas determinadas, e no marco do artigo 1.2 desta orde.

b) Para os efectos de determinar a axuda que se vai recibir, e tendo en conta o criterio recollido no artigo 32.2 desta orde, calcularase o importe medio percibido por animal sacrificado (valor da unidade sacrificada, do cal se beneficiou a persoa titular da explotación), que será o valor resultante de dividir as cantidades totais percibidas en concepto de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais, os importes das canais no matadoiro ou na
comercialización dos animais e os importes do seguro gandeiro (este último, se é o caso), entre o número total de animais sacrificados considerados para a axuda.

c) Levarase a cabo o pagamento completo da contía básica sinalada na anterior alínea

a) sempre que a diferenza entre o valor ou prezo de compra do animal e o citado importe medio por animal sacrificado sexa un valor igual ou superior á dita contía básica. No caso de que o resultado da referida diferenza sexa un valor inferior á contía básica, pagarase como contía da axuda o dito importe inferior.

2. Contía adicional para o gando bovino:
Ademais das contías básicas poderá concederse unha contía adicional para cada animal bovino comprado, nos casos recollidos no artigo 34 desta orde.

O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 29 de novembro de 2019, incluídas ambas as datas no cómputo do prazo.

BASES