Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 22 Xaneiro 2019 07:13

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ALUMNADO DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA PARA CURSAR ESTUDOS COMPLEMENTARIOS PARA A OBTENCIÓN DUN TÍTULO OFICIAL DE DIRECCIÓN HOTELEIRA NO ESTRANXEIRO

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2018/19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TU200B).

Ao abeiro desta convocatoria concederanse un máximo de 20 axudas de estudos, cunha contía máxima de 3.000 € por alumno, sen que, en todo caso, esta cantidade supere o 40 % do importe da matrícula.

Solicitantes
Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención no curso 2018/19 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

RESOLUCIÓN