Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 21 Xaneiro 2019 13:08

ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR AS PRÁCTICAS NO BANCO MUNDIAL

Ata o día 31 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar as prácticas de verán no Banco Mundial nas áreas relacionadas coa súa actividade como as finanzas, a economía ou o desenvolvemento humano.

As prácticas, que terán unha duración mínima de catro semanas, levarán a cabo en Washington para a maioría dos postos, aínda que tamén cabe a posibilidade de que haxa posicións noutras oficinas do Banco Mundial. Durante a súa realización, os/as pasantes percibirán un salario por hora, ademais de poder recibir un subsidio para os gastos de viaxe naqueles casos nos que se considere necesario.

Principalmente, dentro deste programa, seleccionarase a titulados/as para a área de Operacións no campo da Economía, Finanzas ou desenvolvemento humano, comprendendo neste último ámbito as áreas de saúde pública, educación, nutrición ou poboación.

O Banco Mundial tamén aceptará profesionais con outra formación en campos como as Ciencias Sociais con especialidades en Antropoloxía ou Socioloxía, así como en Agricultura, Medio Ambiente, Enxeñería, Planificación Urbana, Xestión de Recursos Naturais ou Tecnoloxía da Información, entre outros.

As persoas candidatas, para os que non hai límite de idade, si deben ter coñecementos de idiomas, sobre todo de inglés, aínda que tamén se valorarán outras linguas como o español, francés, ruso, árabe, portugués e chinés. Ademais, teranse en conta outras capacidades e coñecementos en informática.

Quen cumpra estes requisitos xa poden presentar a súa solicitude a través da web do Banco Mundial ata o próximo día 31 de xaneiro. Todo o proceso ten que realizarse vía online, sendo necesario enviar o formulario de solicitude, acompañado dun currículo, a proba de estar matriculado ou inscrito no título de posgrao e unha declaración de interese. Entre todos os arquivos –entréganse en formato doc, . docx ou .pdf-, non se poden superar os 5 MB.

Todas as solicitudes serán gardadas nunha base de datos, que é consultada polos xerentes de contratación, que se encargarán da preselección en función das necesidades do Banco Mundial, debido a que non hai un número determinado de prazas para prácticas.

enlace