Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 18 Xaneiro 2019 07:07

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A CREACIÓN DE SUPERFICIES FORESTAIS COFINANCIADAS CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER)

Consellería do Medio Rural
ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR670B).

Beneficiarias
As beneficiarias serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, sen que se admita a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

As axudas obxecto de subvención son as seguintes:

a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I desta orde (coníferas).

b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo II desta orde (frondosas).

A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % e a axuda calcularase sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo XIII, segundo sexa o caso.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES