Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 16 Xaneiro 2019 08:16

ES-CONECTA: ABERTA A CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NA ACELERADORA DE ECONOMÍA SOCIAL

No marco do proxecto Poctep-Laces, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, vén de lanzar a convocatoria para a aceleradora de proxectos de economía social ES-CONECTA.

Trátase dun programa intensivo de catro meses de duración e que terá lugar en Vigo. A aceleradora permitirá aos promotores/as de proxectos de economía social de Galicia ou Norte de Portugal, ou ben a empresas xa constituídas que queiran ampliar as súas liñas de negocio, obter formación, asesoramento e titorización especializada.

A convocatoria estará aberta ata o 23 de xaneiro. Seleccionaranse 18 proxectos participantes.

MÁIS INFORMACIÓN